O BLOQUE DEFENDE O MANTEMENTO DA ACTIVIDADE E DOS POSTOS DE TRABALLO

O BNG de Cabanas anuncia unha iniciativa sobre o peche de Motorkar

opel motorkar
Afectador polo peche de Mortorkar (cedida)

Ante o peche de Motorkar, o BNG defende o mantemento da actividade e dos postos de traballo, e defenderá os dereitos das usuarias afectadas

O BNG de Cabanas anuncia unha iniciativa sobre o peche de Motorkar

O BNG de Cabanas levará a pleno unha iniciativa sobre o peche de Motorkar, após coñecerse a semana pasada a presentación por parte da compañía, con instalacións no concello e noturos da comarca, dun ERE extintivo que suporía o despido para os seus 22 traballadores.

Así mesmo, defenderá tamén os dereitos das varias decenas de clientes afectadas ao adiantaren ou comezaren a realizar os pagos duns automóbiles que agora Motorkar négase a entregar, chegando nalgúns casos a depositar máis de 20.000 euros que a compañía tampouco quere devolver.

“O peche de Motorkar continúa a tendencia no sector, que sofre unha crise continuada na nosa comarca”, explicou Iago Varela, voceiro municipal do BNG en Cabanas. “Afecta non só ás 22 persoas despedidas, senón tamén ás varias de decenas de persoas que sufriron perxuízo económico no adianto das súas compras de vehículos que agora Motorkar non quere nin entregar  nin devolver, e ás moitas outras que agora terán o servizo oficial máis próximo en Betanzos”.

O BNG buscará o apoio no pleno para o mantemento da actividade e o emprego na empresa e a devolución dos cartos ou entrega dos automóbiles mercados. “Este é só un priemiro paso. Desde o BNG poñémonos á total disposición de persoal e clientela para calquera mobilización, e non pararemos até que se solucione”, rematou Varela.

O BNG de Cabanas anuncia unha iniciativa sobre o peche de Motorkar