Alcaldía convoca aos grupos municipais para falar do PXOM

Alcaldía convoca aos grupos municipais para falar do PXOM

 

iago varela bng cabanas webO Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón (PP), está a convocar estes días, por separado, ás concelleiras de todos os partidos con representación no Concello de Cabanas para falar do PXOM.

 

 

O Voceiro Municipal do BNG, Iago Varela, tivo a primeira das dúas xuntanzas previstas co Alcalde o pasado martes. Na segunda, fixada para este venres á tarde, está previsto que participe - ademais do propio Alcalde - o equipo redactor do Plan e persoal técnico municipal.

 

 

O concelleiro do BNG non entende o por que destas pequenas reunións por separado, cando o Alcalde se resiste a tratar este asunto nunha Comisión de Obras, na que poder ter un debate construtivo entre todas as forzas políticas municipais.

 

Alcaldía convoca aos grupos municipais para falar do PXOM