CAMPAÑA MUNICIPAIS

Presentamos un cómic que analiza as necesidades do concello

Madalena
Madalena

Presentamos un cómic que analiza as necesidades do concello. A histo ria está protagonizada por Madalena, unha rapaza observadora, crítica e construtiva.

Presentamos un cómic que analiza as necesidades do concello

Coincidindo co Día das Letras Galegas, o BNG de Cabanas celebrou hoxe o seu “Vermú das Letras”, un acto no que a organización presentou publicamente o seu cómic de campaña, que estes días se está a repartir entre a veciñanza do concello.

A historia está guionizada pola profesora de lingua e candidata nº5 polo BNG, Anxos García Fonte. A súa protagonista é Madalena, unha rapaza que a autora define como “observadora, crítica e construtiva”, e cuxo nome está inspirado no principal areal do concello.

 

 

A través de dez escenas, Madalena vai percorrendo diferentes puntos de Cabanas, analizando as necesidades do concello en materias como o coidado da costa e do medio ambiente, os servizos sociais, as infraestruturas, a cultura ou o emprego, para rematar facendo un chamamento a “abrir as portas e ventás do concello para que entre unha refuliada de democracia”.

“Madalena representa á veciñanza de Cabanas que é consciente das necesidades que ten o noso concello e da parálise e abandono que supuxeron os doce anos de gobernos de PP e AEC”, sinalou o candidato á alcaldía polo BNG, Iago Varela. “No BNG pedimos o voto sabendo cales son as necesidades e os retos que ten por diante o noso concello, pero tamén as ideas claras para afrontalas e o equipo co que facelo”, concluíu Varela.

 

Le o noso comic aquí