PP e AEC impiden que Cabanas desenvolva un regulamento de participación veciñal nos plenos

PP e AEC impiden que Cabanas desenvolva un regulamento de participación veciñal nos plenos

 

manosprogramaEn consonancia coa demanda social dunha maior participación na vida política dos concellos, o BNG presentou en Cabanas unha moción para regular dita participación. No texto, a formación nacionalista instou a estudar diversas fórmulas, como a posibilidade de que a veciñanza puidera presentar mocións no rexistro de cara a incluírse na orde do día dos plenos ordinarios ou facer preguntas directamente durante as sesións nun punto adicado a tal efecto.

 

 

Porén, a moción non saíu adiante polo voto en contra do goberno local, do Partido Popular, e a abstención da concelleira de AEC. Desde o BNG denuncian a “evidente complicidade” entre a Agrupación de Electores e o goberno local, o que “bloquea unha boa parte das iniciativas presentadas pola oposición política no Concello”.

 

 

“Este regulamento tería servido para que as veciñas de O Penso puideran preguntar pola súa situación ou aos afectados polo PXOM presentar propostas alternativas ao plan que está en trámite” sinalou o concelleiro do BNG en Cabanas, Iago Varela, quen tamén afirmou que “estas actitudes contrarias á participación evidencian a existencia dun pacto de non agresión entre PP e AEC”.