ORZAMENTOS 2017

O BNG de Cabanas organiza asembleas veciñais para recadar propostas para os orzamentos municipais

chamoso cabanas
chamoso cabanas

Organizamos asembleas veciñais para recadar propostas para os orzamentos. As primeiras reunións terán lugar en Lavandeira e Laraxe o domingo 13. As propostas recollidas serán presentadas como emendas aos Orzamentos.

O BNG de Cabanas organiza asembleas veciñais para recadar propostas para os orzamentos municipais

O BNG de Cabanas comeza o vindeiro domingo 13 de novembro unha ronda de asembleas veciñais polas parroquias para recadar propostas para os orzamentos municipais. As primeiras reunións terán lugar en Lavandeira, no Pavillón, ás 11h da mañá, e ao rematar, en Laraxe, na escola do Peón, ás 12.30h.

Desde o BNG cremos que a veciñanza temos que ser parte activa da elaboración dos Orzamentos municipais, e ter capacidade real de decidir a que se dedica unha parte dos mesmos. Historicamente, os Orzamentos de Cabanas fixéronse de costas á veciñanza (tanto nos gobernos do PSOE como nos de PP e AEC), e nos queremos mudalo.

Unha vez recollidas as propostas da veciñanza, o BNG empregaraas para presentar emendas aos Orzamentos que o PP traia ao pleno, propoñendo a substitución de partidas orzamentarias como os 15.000€ de subvención para os paseos en barco para turistas, os 30.000€ da asistencia técnica do PXOM ou os outros 30.000€ de asesoría xurídica externa, que o alcalde ten aínda que esa función xa a cumpre o secretario municipal.


ASEMBLEAS VECIÑAIS PARA OS ORZAMENTOS 2017:

Lavandeira: Domingo 13 de novembro, 11h, Pavillón de Lavandeira.

Laraxe: Domingo 13 de novembro, 12.30h, Escola do Peón.

Cabanas: Domingo 20 de novembro, 12h, Lugar por determinar.