Un novo modelo turístico para Cabanas

Un novo modelo turístico para Cabanas

marco-salto1

 

Os sucesivos gobernos que tivo Cabanas nos últimos 30 anos (PSOE, PP + AEC, PP en solitario), na súa concepción marbellí de concello, explotaron un turismo de sol e praia, ligado á construcción e á burbulla inmobiliaria, mais deixando de lado o noso rico patrimonio histórico, cultural e natural.

 

 

No BNG - Asembleas Abertas cremos que o modelo de turismo no noso concello ten que estar orientado a conseguirmos que sexa de calidade, sustentábel e concienciado medioambientalmente, polo que levaremos a cabo unha serie de medidas para conseguilo.

 

 

Posta en marcha dunha oficina de información turística durante todo o ano, onde se poderá atopar asesoramento profesional e onde se ofrecerán servizos que axuden a coñecer o noso concello e a súa contorna, tanto a locais coma a visitantes.

 

 

Posta en valor de Cabanas, e especialmente da zona rural, como destino turístico, mediante a promoción das Fragas do Eume como recurso natural e paisaxístico.

 

 

Posta en valor dos elementos patrimoniais e históricos de Cabanas, como as zonas castrexas, megalíticas, edificios eclesiásticos, muíños... mediante a creación de roteiros, actividades e a sinalización axeitada.

 

 

Recuperación, marcado e promoción da ruta da costa e creación dunha ruta peonil fluvial que una esta co Portal das Fragas en Irís.

 

 

Potenciamento da gastronomía local mediante actividades lúdicas e concursos.

 

 

Mellora de acceso e coidado dos areais e os seus servizos, de cara a conseguirmos a Bandeira Azul.

 

 

Mantemento do trazado orixinal do Camiño Ingles a carón do Polígono de Vilar do Colo, potenciando os elementos naturais e patrimoniais (río Baa, Marco de San Lorenzo, Castro de Prismos…).

 

 

Fomentando un turismo de sustentábel e de calidade, conseguiremos aumentar as oportunidades de emprego no noso concello, respetando a contorna e favorecendo o coñecemento. Facelo posíbel, depende de nós.

 

 

Crédito da imaxe: Xabier Moure.