PROGRAMA

Ideas Claras: Muller e Igualdade

As nosas propostas programáticas no ámbito da igualdade e a política de muller.

Ideas Claras: Muller e Igualdade

As áreas de muller e igualdade son das que máis recortes teñen sufrido coa desculpa da crise económica. Para o BNG a igualdade é non só unha política máis do concello, é un principio reitor do noso comportamento, e connosco estas políticas fuxirán do ritualismo e terán a importancia que merecen.

As nosas propostas neste eido son:

  • Integrar a perspectiva de xénero nas políticas municipais, en todos os programas, actuacións, documentos... tanto do propio Concello como das asociacións e empresas que traballen co Concello.
  • Potenciar as medidas de conciliación familiar: programa de almorzos, posta en marcha dunha ludoteca municipal.
  • Potenciar as actividades formativas especificamente dirixidas ás mulleres: Cursos de formación, cursos de integración para mulleres inmigrantes, etc.
  • Poñer en marcha bancos de tempo.
  • Impulsar o cumprimento do Plano de Igualdade no Concello.
  • Incorporar cláusulas sociais na contratación pública, coa finalidade de favorecer a selección de empresas que destaquen por desenvolver unha política en prol da igualdade.
  • Elaborar campañas de sensibilización en materia de igualdade en colaboración cos centros de ensino e de saúde para previr a violencia de xénero.
  • Elaborar un plano específico para a inserción laboral feminina. -Impulsar un Consello Municipal das Mulleres.
  • Impulsar un Centro de Información da Muller (CIM).
  • Rexeitar a discriminación por calquera condición: raza, etnia, sexo, orientación sexual, identidade de xénero, capacidade...