PROGRAMA

Ideas Claras: Mocidade

Mocidade
Mocidade

As nosas propostas programáticas para a mocidade

Ideas Claras: Mocidade

Un dos problemas principais de Cabanas é que ano tras ano a nosa mocidade marcha vivir a outros concellos. A mocidade de Cabanas vese en moitas ocasións sen alternativas no concello, tanto no tocante ao seu ocio como á hora de construír a súa vida aquí. Queremos evitar que ninguén teña que marchar do noso concello se non quere. É por iso que propomos unha serie de medidas específicas para este sector poboacional:

  • Elaborar un plan de emprego xuvenil para facilitar que a mocidade atope emprego en Cabanas, e poida así quedarse no concello.
  • Impulsar a vivenda de aluguer protexida e con prezos controlados destinada especificamente para menores de 35 anos, para así impulsar desde o concello os primeiros pasos da emancipación.
  • Dar un lugar máis central na acción de goberno á política cultural e á promoción das actividades de ocio.
  • Promover os grupos locais de música, facilitando espazos como locais de ensaio.
  • Poñer en marcha aulas de estudo de acordo ás necesidades do estudantado.
  • Elaborar un proxecto alternativo de ocio nocturno para a mocidade, no que a mocidade poida realizar diferentes actividades adaptadas aos seus gustos compartindo espazos e tempos cos seus iguais nas noites das fins de semana.
  • Impulsar a realización de actividades específicas para a mocidade nas diversas parroquias, promovendo un modelo de ocio máis saudable.
  • Crear un foro xuvenil como entidade activa e participativa na vida cultural e social de Cabanas.

Ademais, a mocidade de Cabanas verase beneficiada tamén polo resto das nosas propostas programáticas nos distintos ámbitos, que podedes consultar na nosa páxina web.