PROGRAMA

Ideas Claras: Benestar Social, sanidade e saúde

centro saude cabanas
centro saude cabanas

As nosas propostas programáticas no ámbito dos servizos sociais, a sanidade e a saúde.

Ideas Claras: Benestar Social, sanidade e saúde

O benestar social e a saúde son ámbitos indespensábeis para o BNG. Durante este mandato esta foi unha das áreas nas que máis traballo realizamos, presentando mocións específicas ao respecto así como emendas nos diferentes orzamentos para aumentar as partidas que se destinan a estas políticas.

O noso obxectivo é fortalecer o sistema de servizos sociais municipal, universalizándoos e traballando especialmente cos colectivos máis vulnerábeis, así como con ese terzo de poboación maior de 65 anos que ten o noso concello. Ao tempo, queremos cambiar a dirección política dos servizos sociais para que estes sexan proactivos, destinando máis orzamento e procurando que chegue a toda a poboación que o necesita.

No ámbito da sanidade e da saúde queremos facer traballo político específico ao respecto, loitando por subsanar o déficit de planificación e servizos que padecemos.

As nosas propostas neste ámbito son:

  • Aumentar a dotación orzamentaria das axudas de servizos sociais.
  • Reivindicar uns servizos sociais públicos e con cobertura universal, co obxectivo de cubrir o 100% da demanda nesta lexislatura.
  • Garantir a cobertura dos dereitos dos colectivos sociais que sofren unha maior incidencia perante a crise: persoas inmigrantes, persoas paradas de longa duración, familias monoparentais, persoas maiores…
  • Crear un censo de persoas vulnerábeis para o seu seguimento por parte dos servizos municipais.
  • Comprometerse a dotar a calquera persoa en risco de pobreza ou exclusión dun profesional de referencia que facilite o seu acceso ás prestacións sociais no prazo máximo de 10 días laborábeis.
  • Crear unha Comisión Municipal de Desafiuzamentos, de cara a procurarmos que Cabanas sexa unha zona de Desafiuzamentos cero.
  • Garantir a gratuidade das subministracións básicas directamente dependentes do Concello (auga, luz, recollida de residuos, saneamento...) a persoas en situación de vulnerabilidade.
  • Aumentar o número de horas de axuda no fogar, procurando alcanzar o 100% da demanda.
  • Promover actividades de implicación interxeracional: teatro de maiores, contos, alfabetización tecnolóxica…
  • Mellorar a difusión dos servizos do departamento de Benestar Social entre a cidadanía.
  • Intensificar o traballo de colaboración coas entidades sociais do ámbito, de cara a que a súa contribución sexa decisiva no traballo de deseño das políticas municipais de servizos sociais.
  • Crear vivendas de emerxencia para atender vítimas da violencia de xénero, desafiuzamentos ou outras adversidades.
  • Crear un programa de respiro familiar para familias con persoas dependentes.
  • -Potenciar as medidas de conciliación familiar ampliando o programa de almorzos e poñendo en marcha unha ludoteca municipal, e un programa de casas niño, e potenciar o PAI e ampliar o seu horario.
  • Crear un plano para a prevención da enfermidade na vellez, aumentando as prazas de ximnasia de mantemento, os parques biosaudábeis, obradoiros de memoria ou ocupacionais, etc.
  • Crear grupos de actividade física para maiores por parroquias
  • Poñer en marcha dunha campaña de hábitos saudábeis de alimentación en colaboración coas entidades e as ANPAS.
  • Levar adiante plans específicos de actuación sobre drogodependencias, en colaboración coas entidades sociais implicadas.
  • Establecer liñas de colaboración coas entidades de traballo no eido da sanidade.
  • Dotar de desfibriladores os lugares concurridos de Cabanas e formar ao persoal sensible no seu uso, de acordo cos requisitos legais.
  • Dotar os diferentes lugares públicos de botiquíns de primeiros auxilios.
  • Fomentar a formación en primeiros auxilios entre a veciñanza local en xeral.
  • Crear o servizo de pediatría no Centro de saúde.
  • ​Procurar o reforzo do persoal do Centro de Sáude nos períodos de máis demanda, particularmente no verán, e potenciar o PAC.