Iago Varela será o candidato á Alcaldía de Cabanas polo BNG

Iago Varela BNG Cabanas (1)
Iago Varela é o candidato do BNG en Cabanas

Varela foi escollido por unanimidade nun proceso asemblear aberto a militantes e simpatizantes.

Iago Varela será o candidato á Alcaldía de Cabanas polo BNG

O BNG vén de elixir por unanimidade a Iago Varela como candidato á Alcaldía de Cabanas nas próximas Eleccións municipais, previstas para maio de 2019, nun proceso asemblear no que participaron militantes e simpatizantes da formación nacionalista.

Nado en Cabanas hai 32 anos, Varela é o actual portavoz municipal do Bloque no Concello de Cabanas, así como tamén o vicerresponsábel comarcal da formación frentista. Vencellado á comunicación sobre novas tecnoloxías, na actualidade desenvolve a súa actividade laboral no sector da telefonía móbil.

“Cabanas é un concello extraordinario e cheo de potencialidades, mais atópase nunha situación de bloqueo e abandono por parte do goberno local”, sinalou Iago Varela, quen asegurou asumir “con valentía, responsabilidade e as ideas claras, o reto que supón presentarse para ser o próximo alcalde de Cabanas”.

Nos próximos meses o BNG ten previsto seguir avanzando na formación da candidatura e na elaboración do programa electoral para “facer de Cabanas un concello novo”. “Como xa fixemos no 2015, todo este proceso será aberto á veciñanza, pois así é como entendemos desde o BNG que debe ser a política local”, concluíu Varela.
 

Iago Varela será o candidato á Alcaldía de Cabanas polo BNG