Iago Varela e Paula González participaron na manifestación comarcal en defensa do naval

Iago Varela e Paula González participaron na manifestación comarcal en defensa do naval

iago-varela-paula-gonzalez-naval-ferrol-732x411

 

O Candidato á Alcaldía de Cabanas polo BNG - Asembleas Abertas, Iago Varela, e a número 2 da candidatura, Paula González, participaron esta mañá na manifestación comarcal en defensa do sector naval e pola inmediata dotación de carga de traballo.

 

 

O BNG leva moito tempo denunciando a política do goberno central e o da Xunta, consistente en vender fume con proxectos coma os floteis, o BAM ou, máis recentemente, o proxecto de Iberdrola. Falsas promesas que quedan hoxe en evidencia: o desmantelamento e a precariedade na industria auxiliar continúa, a clarificación do futuro industrial de Navantia segue pendente e o desemprego e a emigración aumenta.

 

 

Iago Varela destacou que "a situación crítica que atravesa o sector vén motivada pola falta de vontade política na aposta do naval como sector estratéxico" e denunciou "a fraude e engano permanente" que os diversos gobernos manteñen na comarca, xa que non se adoptaron as decisións políticas para facer fronte ao levantamento do veto.

 

 

Por iso desde o BNG entendemos que tamén o 24 de maio é unha boa oportunidade para reforzar o apoio a quen levamos defendendo, nas institucións e na rúa, o noso dereito a producir e un sector naval como piar estratéxico na economía comarcal.