Iago Varela: “Ninguén no concello pasará fame, quedará sen casa ou sen pagar os medicamentos”

Iago Varela: “Ninguén no concello pasará fame, quedará sen casa ou sen pagar os medicamentos”

 

O BNG - Asembleas Abertas celebrou este xoves o primeiro mitin de campaña, un evento que serviu para presentar á veciñanza das parroquias de Soaserra, Regoela e Salto as propostas para "transformar Cabanas de raíz", e no que interviron os candidatos Xosé Manuel Golpe (nº 3 candidatura) e Lina Jiménez (nº 4 candidatura) xunto o candidato á Alcaldía, Iago Varela.

 

 

lina-jimenez-bng-cabanas

 

 

Na súa intervención, Lina explicou as razóns que a levaron a sumarse ao proxecto do BNG - Asembleas Abertas en Cabanas, destacando o "valor humano" do equipo e a existencia dun proxecto "para mudar o rumbo político no concello". Pola súa banda, Golpe animou aos presentes a espallar a "necesidade de cambio", exemplificando algunhas das subas encubertas de impostos realizadas polo goberno de Germán Castrillón.

 

 

iago-varela-bng-cabanas-2

 

 

O candidato á Alcaldía polo BNG - Asembleas Abertas, Iago Varela, repasou as principais demandas do programa da formación nacionalista, reivindicando a necesidade "dun rural vivo cos mesmos servizos que a zona urbana" e un goberno transparente e aberto á partipación da veciñanza.

 

 

Varela tamén fixo especial fincapé no ámbito social e asegurou que se o BNG goberna "ninguén en Cabanas pasará fame, quedará sen casa ou sen medicamentos por non poder pagalos" e animou aos presentes a "votar masivamente ao BNG - Asembleas Abertas" para facer de Cabanas "un concello do pobo e libre de caciques".