Iago Varela: “Un bo resultado do BNG é a única garantía para desterrar as políticas caciquís de Cast

Iago Varela: “Un bo resultado do BNG é a única garantía para desterrar as políticas caciquís de Cast

publico-laraxe-732x549

 

O BNG – Asembleas Abertas celebrou onte en Laraxe o segundo mitin de campaña, un acto no que Xosé Manuel Golpe (nº 3 da candidatura e veciño de Laraxe) e Iago Varela, candidato á Alcaldía, fixeron unha completa análise da situación do concello e deron conta das propostas do BNG para crear “un novo modelo de concello”.

 

 

Golpe analizou polo miúdo a xestión de Germán Castrillón á fronte do goberno local e as promesas electorais coas que o actual alcalde se presenta a estas eleccións. “Son as mesmas ca no 2011, todas elas incumpridas”, lembrou. O candidato amosousegolpe-laraxe “moi molesto e cabreado” por ver como desde o Partido Popular pretenden enganar á veciñanza con proxectos que de ningunha maneira vai poder afrontar o concello.

 

 

Pola súa banda, o candidato á Alcaldía, Iago Varela, repasou as principais liñas do programa electoral do BNG – Asembleas Abertas, facendo especial fincapé no apartado social e nas políticas de creación de emprego, posto que só nos últimos 5 anos quintuplicouse o número de persoas sen traballo no concello.

 

 

iago-laraxe-2

 

 

Varela tamén criticou as “actitudes caciquís dun alcalde que considera que o concello é del e non da veciñanza” e fixo un chamamento a “votar masivamente ao BNG” para acabar cos amiguismos de Castrillón e facer de Cabanas “un concello do pobo e para o pobo”.