Exposición pública do rueiro de Cabanas e modelo de alegacións

Exposición pública do rueiro de Cabanas e modelo de alegacións

 

cartelariaTras a súa aprobación inicial no pleno ordinario de setembro, e a súa posterior publicación no BOP da Coruña, está en exposición pública na Casa do Concello a disposición de toda a veciñanza o novo rueiro de Cabanas.

 

 

O prazo para presentar alegacións ao mesmo remata o 20 de novembro. Podedes descargar este modelo (clic sobre o enlace co botón dereito do rato e "gardar como") e imprimilo para cubrir e entregar no rexistro do Concello.

 

 

É importante identificar claramente a vivenda / rúa / núcleo sobre o que se fai a alegación, de acordo co proxecto presentado. Como exemplo de posíbeis alegacións, deixámosvos os seguintes:

 

 

- "Que na rúa denominada .... no proxecto de actualización do rueiro manteña / cambie o nome polo de ...".

 

 

- "Que a vivenda incluída no proxecto de actualización do rueiro como número .... da rúa ... , sexa considerada a número ..... da rúa ....".

 

 

- "Que a vivenda incluída no proxecto de actualización do rueiro como número ... da rúa ..., no núcleo ..., sexa considerada parte do núcleo ..."