Un concello que mire pola igualdade e aposte pola mocidade

Un concello que mire pola igualdade e aposte pola mocidade

casa-concello-cabanas

 

As áreas de muller e mocidade son das que, malia a súa importancia, máis teñen sufrido recurtes coa disculpa da crise económica. Para o BNG - Asembleas Abertas estas políticas van ter a importancia que merecen.

 

 

En materia de iguadade, traballaremos para potenciar medidas de conciliación familiar (programa de almorzos, posta en marcha dunha ludoteca municipal) e actividades formativas especificamente adicadas ás mulleres, como cursos de formación ou de integración para mulleres inmigrantes. Ademais poremos en marcha bancos de tempo e elaboraremos campañas de sensibilización en materia de igualdade en colaboración cos centros de ensino e de saúde para previr a violencia de xénero.

 

 

No que ten a ver coa mocidade, desde O BNG -Asembleas Abertas queremos solucionar a falta de alternativas que ten na actualidade, e que afectan tanto ao ocio como nas facilidades para construír a súa vida aquí. É por iso que propomos unha serie de medidas específicas para este sector poboacional:

 

 

Realización de actividades específicas para a mocidade nas diversas parroquias, promovendo un modelo de ocio máis saúdable.

 

 

Creación e dinamización dun local de ensaio para bandas.

 

 

Posta en marcha de aulas de estudo dacordo ás necesidades do estudantado.

 

 

Promoción de vivenda protexida en réxime de alugueiro para menores de 35 anos.

 

 

Posta en marcha de planos específicos para a formación e inserción laboral da mocidade.

 

 

Un concello que mire pola igualdade e a mocidade, depende de nós.