CHAMOSO

O BNG volve alertar ao Concello do alto risco de desprendementos e caídas de árbores en Chamoso

O BNG vén de solicitar novamente ao goberno municipal de Cabanas que tome medidas urxentes para evitar as graves consecuencias que podería ter a caída de árbores de grandes dimensións sobre o areal de Chamoso.

O BNG volve alertar ao Concello do alto risco de desprendementos e caídas de árbores en Chamoso

 

chamoso perigo arbore - 2O BNG vén de solicitar novamente ao goberno municipal de Cabanas que tome medidas urxentes para evitar as graves consecuencias que podería ter a caída de árbores de grandes dimensións sobre o areal de Chamoso.

 

 

O pasado mes de marzo, un temporal causou un importante desprendemento de terras que afectou ao talude sobre a praia de Chamoso. A consecuencia deste desprendemento viuse afectado o camiño de acceso ao areal, que baixa pola ladeira entre árbores cara ao mar, e varias árbores quedaron en estado precario con perigo de caer ao mar. Xa naquel momento o BNG denunciou a perigosidade da situación, pois, ademais da posíbel caída de árbores, o desprendemento deixaba unha caída directa ao mar desde o camiño, mais o goberno municipal non fixo máis ca colocar unhas cintas sinalando o perigo.chamoso perigo arbore - 1

 

 

Na actualidade, varias destas árbores seguen a correr risco de caer sobre a praia, máis a veciñanza vén de trasladarnos a súa preocupación “especialmente por un piñeiro de grandes dimensións situado sobre a zona central na praia”, onde se adoitaba concentrar o maior número de persoas durante as xornadas de bo tempo, aínda que “ante a situación, moita xente está a evitar poñerse nesa zona”.

 

 

Segundo manifestou Iago Varela, voceiro do BNG en Cabanas, “Germán Castrillón e o seu equipo tratan de eludir as súas obrigas cando o Concello ten que traballar con outras Administracións para solucionar os problemas da veciñanza” e demandou “solucións inmediatas para evitar que a próxima nova sobre Cabanas sexa un accidente que se puido ter evitado”.

 

O BNG volve alertar ao Concello do alto risco de desprendementos e caídas de árbores en Chamoso