O BNG renuncia ao mailing electoral, aforrando medio millón de euros ao Estado

O BNG renuncia ao mailing electoral, aforrando medio millón de euros ao Estado

 

cabanas estacionEste ano non recibiredes os tradicionais envíos postais electoriais do BNG. Ao igual que fixemos na campaña das Europeas, desde o Bloque Nacionalista Galego renunciamos ás axudas para o envío de mailing electoral. Isto supón un aforro económico ao estado de medio millón de euros, ademais dun incalculábel aforro ecolóxico, polo que facemos un chamamento ao resto de forzas políticas a que fagan o mesmo.

 

 

O BNG - Asembleas Abertas fará unha campaña militante e modesta no gasto, percorrendo o concello a pé para falar coas veciñas e veciños. Así, se recibides material do BNG na vosa casa será porque alguén do BNG - AA volo reparte e fala convosco ou volo deixa no buzón se non estades na casa.

 

 

Dentro da campaña participativa que estamos a levar a cabo, avisaremos dos días dos repartos en cada parroquia, para pórmonos á vosa disposición ante calquera cuestión que nos queirades achegar. Así mesmo, proximamente anunciaremos a data dunha nova asemblea aberta para seguirmos a construír xuntas un programa de goberno para Cabanas.

 

O BNG renuncia ao mailing electoral, aforrando medio millón de euros ao Estado