O BNG leva ao Parlamento Galego o estado do vial AC-653 que comunica Vilar do Colo coa estrada Cabanas – As Pontes

Derrubamentos vial AC-653
Derrubamentos vial AC-653
A iniciativa cuestiona as labores de desbroce que teñen provocado varios corrementos de terra sobre a estrada e urxe solucións.
O BNG leva ao Parlamento Galego o estado do vial AC-653 que comunica Vilar do Colo coa estrada Cabanas – As Pontes

O BNG presentou unha proposición non de lei para o seu debate no Parlamento Galego relativa ao estado da estrada AC-563, de titularidade autonómica, que comunica a N-651 (á altura do Polígono Vilar do Colo) coa estrada AC-564, que une as localidades de Cabanas e As Pontes.

Os feitos remóntanse ao pasado mes de abril, cando SEAGA comezou a realizar traballos de limpeza nas marxes da estrada – incluíndo os taludes – combinando traballos manuais con maquinaria pesada-. Os métodos empregados provocaron un gran volume de escombro, en forma de hachas, pequenas polas e unha importante afección sobre a capa de rodaxe das vías de servizo debido ao uso da maquinaria pesada. Así mesmo, tamén se retirou o valado metálico que protexía esta estrada das incursións da fauna salvaxe, que amdía de hoxe segue sen repoñerse en varios puntos, o que ten provocado avistamentos de animais – nomeadamente xabaríns – na estrada.

Coa intensas choivas de decembro e xaneiro, os arrastres foron constantes e actualmente existen dúas zonas nos que se están a producir corrementos de terra sobre a estrada, polo que desde o BNG urxen solucións.

“Exixímoslle á Xunta que poña en marcha os traballos para garantir a estabilidade das marxes da estrada polo perigo que supoñen” sinalou o portavoz municipal do BNG e tenente alcalde de Cabanas, Iago Varela, quen tamén solicitou “a inmediata reposición do valado perimetral e a reposición das vías de servizo á súa situación inicial”
 

O BNG leva ao Parlamento Galego o estado do vial AC-653 que comunica Vilar do Colo coa estrada Cabanas – As Pontes