O BNG lamenta a "irresponsabilidade do PP" ante a contaminación do Río Baa

O BNG lamenta a "irresponsabilidade do PP" ante a contaminación do Río Baa

 

residuos manmerA parlamentaria do BNG, Ana Pontón reclamou hoxe aplicar a legalidade urbanística relativa ao deposito de residuos contaminantes importados de Holanda denunciados polos os veciños e veciñas e a Asociación Etnográfica da Natureza Amigos do río Baa con informes que confirman a contaminación do río.

 

 

A deputada sumou o “grave problema” do Baa a outros lugares da comarca entre os que destacou a autorización do deposito de toneladas de vertidos nas contornas dos concellos da Somozas, As Pontes nos que afirmaban que existían tecnosolos pero chegaba, dixo “con que unha persoas visitara a zona para comprobar o problema ambiental” ademais de non cumprir “os mínimos requisitos da normativa”.

 

 

Chama a atención, dixo Pontón o que está ocorrendo neste país coa xestión de residuos e en concreto na comarca de Ferrolterra onde parece que o Partido popular quere convertela “nun auténtico vertedoiro”.

 

 

A parlamentaria explicou que a empresa MANMER S.L provocou en diversas ocasións un grave problema ambiental ao importar de Holanda 800.000 toneladas de materiais asfálticos depositados no porto exterior de Ferrol e no concello de Cabanas ao carón do río Baa e lembrou que o PP votou en contra no Parlamento dunha iniciativa do BNG para a retirada dos residuos e dun tratamento axeitado.

 

 

A deputada reprobou o incumprimento das resolucións ao respecto e criticou que o Partido Popular siga acolléndose ao procedemento no ámbito penal porque é a súa responsabilidade “eliminar o foco de contaminación” á marxe, dixo, do que aconteza no propio concello. Estamos, remarcou, “ante seis anos de incumprimento descarado de todas as resolucións da Xunta de Galiza que segue mirando para outro lado”, e agora veñen á Comisión de Medio ambiente a dicirnos “que están coas mans atadas e non poden facer nada”.

 

 

 

 

O PP anunciou o seu voto en contra da iniciativa nacionalista.

 

 

 

 

Pontón cualificou de “temeridade e irresponsabilidade” que a Xunta non se implique para resolver o problema e anunciou que o BNG seguirá traballando coas asociacións ecoloxistas e de veciños e veciñas que denuncian a contaminación.