REALIZOUSE UNHA VISITA AO ENCORO DO EUME

BNG e colectivos ecoloxistas exixen solucións á problemática das augas do Eume

Representantes de ADEGA, Colectivo Terra e BNG no Encoro do Eume
Representantes de ADEGA, Colectivo Terra e BNG no Encoro do Eume
O, CONSTATARON O DETERIORO NA CALIDADE DAS AUGAS E APARICIÓN DE REFUGALLOS
BNG e colectivos ecoloxistas exixen solucións á problemática das augas do Eume

Unha representación do BNG, formada polo deputado Mon Fernández, o tenente de alcalde de Cabanas Iago Varela, a portavoz municipal do BNG en As Pontes, Silvia Pardo, o portavoz municipal do BNG en Pontedeume, Luis Pena; así coma representantes do colectivo Terra e da delegación comarcal de ADEGA xiraron visita ás instalacións do encoro do Eume, ao obxecto de constatar a situación de deterioro das augas e aparición de refugallos.

Esta visita prodúcese logo de que apareceran numerosas denuncias de colectivos e de que o BNG presentase unha iniciativa no Parlamento Galego ao respecto desta problemática. Estes movimentos provocaron, segundo o comentado no encontró "que a Xunta tivese que actuar de oficio coa realización dunhas probas ao respecto da calidade das augas; mais queda por resolver o tema da baixada do nível no encoro e tamén da aparición de refugallos que poidesen supór afección ou impacto na calidade das augas"

Precisamente, unha das preocupacións xorde precisamente da baixada de caudal –coa conseguinte aparición de refugallos nas beiras do encoro- é unha das cuestións que máis preocupan xa que, segundo tiña adiantado tamén ADEGA “é evidente que non estamos a falar de causas naturais, senón máis ben da influencia de axentes externos,e todo apunta a que a causa do baixo nível do río probabelmente sexa o proxecto de "modernización" dos desaugues de fondo do encoro da Capela, autorizado finalmente pola Xunta a finais de 2017; pero xa no 2011 presentaran o primeiro proxecto que pretendía guindar as lamas do encoro polo Eume abaixo”

A representación institucional e as entidades ecoloxistas avogaron por actuar dun xeito conxunto, ampliando futuras actuacións a outro tipo de entidades –coma as confrarías de pescadores- para o que redactarán un documento conxunto nos vindeiros días. Mentras tanto, agárdase tamén a resposta da Xunta á iniciativa rexistrada no Parlamento Galego hai úns días, na que se demanda que a Xunta aclare se ten coñecimento das obras realizadas e dos seus efectos para as augas do río Eume, xa que estamos a falar dun espazo que forma parte do Parque Natural das Fragas do Eume; e é evidente que á administración galego correspóndelle responsabilidade no ámbito da avaliación ambiental, e dos permisos que procedesen para a realización das obras.

BNG e colectivos ecoloxistas exixen solucións á problemática das augas do Eume