O BNG de Cabanas denuncia a falta de seguridade nas obras de renovación do alumeado no piñeiral da Madalena

Farois e cristais polo chan nas obras de renovación do alumeado
Farois e cristais polo chan nas obras de renovación do alumeado
O BNG de Cabanas denuncia a falta de seguridade nas obras de renovación do alumeado no piñeiral da Madalena

As obras de renovación do alumeado público no paseo do piñeiral e praia da Madalena que está a levar a cabo o Concello de Cabanas non contan coas mínimas condicións de seguridade, tal e como denuncia o BNG, que nos últimos días recibiu numerosas queixas por parte da veciñanza da zona e visitantes.

Gabias e arquetas de grandes dimensións sen sinalizar ou farois e cristais tirados polo chan son as principais deficiencias que denuncian desde o BNG, “ao que hai que sumar tamén a total falta de iluminación en todo o entorno, multiplicando as posibilidades de accidentes unha vez que se pon a noite”, sinala o portavoz municipal, Iago Varela.

As obras veñen solucionar os graves problemas de iluminación na zona da Madalena, denunciados unha e outra vez polo BNG. “Levamos avisando da necesidade de renovar o alumeado da Madalena máis de 5 anos, e agora que se poñen a arranxalo fano mal”, apuntou Varela. “O que non pode ser é que o desenvolvemento dunhas obras para mellorar a iluminación produzan un aumento da inseguridade”, rematou.