O BNG – Asembleas Abertas reúnese cos empresarios do Polígono de Vilar do Colo

O BNG – Asembleas Abertas reúnese cos empresarios do Polígono de Vilar do Colo

vilar-do-colo

Unha representación das candidaturas do BNG – Asembleas Abertas de Cabanas e Fene, encabezada polos seus respectivos candidatos, Iago Varela e Juventino Trigo, reuniuse esta tarde coa Asociación de Empresarios do Polígono de Vilar do Colo para coñecer de primeira man as súas demandas e comentar algunha das iniciativas que o BNG integrará nos programas de goberno de ambas localidades.

Os participantes na xuntanza intercambiaron impresións sobre diferentes problemáticas que afectan ao polígono, como as parcelas abandonadas, a falta de sinalización ou a ausencia dunha rede de fibra óptica que permita ás empresas asentadas en Vilar do Colo traballar con normalidade.

Ao remate do encontro, o candidato do BNG – AA de Cabanas, Iago Varela, destacou a necesidade de potenciar o Polígono de Vilar do Colo para que sexa “un dos motores básicos de creación de emprego no concello” e fixo un chamamento ao “sentido común” para que se priorice o remate fases activas antes de plantexar calquera posíbel ampliación “que outros prometen” e que “só ten como obxectivo seguir especulando co chan”.

O candidato tamén destacou que o programa de goberno do BNG – Asembleas Abertas de Cabanas ten o emprego no seu cerne, incluíndo medidas para potenciar o emprendemento e o establecemento de novas empresas, así como a promoción de convenios coas Universidades e centros de Formación Profesional para a realización de prácticas formativas en empresas do concello.

O BNG – Asembleas Abertas reúnese cos empresarios do Polígono de Vilar do Colo