O BNG – Asembleas Abertas presenta unha candidatura para cambiar Cabanas de raíz

O BNG – Asembleas Abertas presenta unha candidatura para cambiar Cabanas de raíz

 

presentación candidatura bng-aa Cabanas - 2O BNG – Asembleas Abertas presentou onte a candidatura coa que se presenta en Cabanas, un concello que aspiran a “cambiar de raíz” tras trinta anos de gobernos do PP e PSOE. Os nacionalistas consideran que é o momento de “pór punto e final á concepción marbellí de Cabanas” e aspiran a reformular o PXOM para evitar crear novas urbanizacións e reservar un 30% de vivenda social.

 

 

No acto participou tamén a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, quen eloxiou o equipo heteroxéneo que compón a candidatura local e destacou diversas problemáticas do concello que puideron ser levadas ante o Parlamento Europeo grazas á actuación do BNG local.

 

 

presentación candidatura bng-aa Cabanas - 1

 

 

Na súa intervención, o candidato á alcaldía, Iago Varela, fixo un percorrido polas principais propostas que o BNG – Asembleas Abertas levará no seu programa e criticou os “deixes caciquís dun alcalde que decide e manda”. Varela tamén fixo un chamamento á implicación veciñal  de Cabanas para que “nos andedes detrás, sexades rabudas e nos exixades” e destacou que “un concello do BNG non será un concello doado para a Xunta ou o Goberno Central, un concello do BNG petará en todas as portas e será, tamén, rabudo para conseguir o que Cabanas merece”.

 

 

Compoñen a lista do BNG – Asembleas Abertas en Cabanas: Iago Varela, Paula González, Xosé Manuel Golpe, Lina Jiménez Bouza, Manuel Varela, Isabel Piñeiro, Melchor López, Dosita Loureiro, Xosé Manuel Pereira, Soledad Martínez e Xosé Carbón. Como suplentes, Emilio Romero e Bernardino Pena.