O BNG aforrou medio millón de euros ao estado renunciando aos envíos postais de propaganda electoral

O BNG aforrou medio millón de euros ao estado renunciando aos envíos postais de propaganda electoral

envioselectorais-732x405

 

Con moita probabilidade, estes días recibiredes envíos postais de propaganda electoral de diversos partidos que se presentan ás eleccións municipais en Cabanas (PP, PSOE...), mais non será o caso do BNG - Asembleas Abertas. No BNG renunciamos ás axudas estatais para estes envíos de mailing electoral, o que supón un aforro económico ás arcas públicas de medio millón de euros, ademais dun incalculábel aforro ecolóxico.

 

 

No BNG - Asembleas Abertas estamos a facer unha campaña militante austera no gasto, percorrendo o concello a pé para falar coas veciñas e veciños. Así que, se recibides material do BNG na vosa casa será porque alguén do BNG volo reparte e fala convosco ou volo deixa no buzón se non estades.